Espectáculos

 

Maxia en estado Puro

 

Unha sesión de ilusionismo concibida especialmente para un público familiar; Unha mestura de maxia e fantasía con efectos sorprendentes e coa participación activa do público alí presente. No espectáculo faise un pequeno percorrido polas distintas especialidades que ten o ilusionismo mediante xogos de maxia en clave de humor, co que conseguimos un espectáculo dinámico e divertido, que consegue facer rir o público máis diverso.

 

Poderemos ver cordas que se cortan e se unen de forma máxica, panos que viaxan e desaparecen, cartas pescadas do aire, libros que se tintan coa mirada do público, estrelas que aparecen das orellas dos rapaces e incluso unha nova forma de cociña, a Gastromaxia. O espectáculo, que dura 60 minutos, remata cun clásico, “A guillotina” pero cunha presentación singular onde a tensión propia do xogo queda diluída nunha situación cómica e moi divertida.

TECNOLOXÍA MÁXICA


A maxia da ciencia e a tecnoloxía

 

O espectáculo tecnoloxía máxica consiste nunha sesión de maxia na que se mistura o ilusionismo co pragmatismo ciéntifico mediante aparellos tecnolóxicos e ferramentas de uso cotiá.
Os efectos máxicos que se presentan están ba- seados en fundamentos físicos e tecnolóxicos pero cun remate inesperado e sorprendente ó que lle podemos dar unha única explicación "É MAXIA"
O que se pretende coa tecnoloxía máxica é posibi- litar un achegamento por medio dos diversos xogos de maxia, os segredos da ciencia e da tecnoloxía e o co- ñecemento de novos términos tecnolóxicos da socie-dade actual, dentro dun clima lúdico, de imaxinacion e de suspense

 

A FERRADURA MÁXICA

Descubre os segredos da maxia

 

Un novo concepto de maxia, un obradoiro espectáculo onde os asistentes en grupos reducidos aprenden os segredos da maxia, ensáianos e sorpréndense coa arte da prestidixitación levando consigo o pracer de, ó saír da carpa, sentirse pequenos magos.

A CARPA MÁXICA

Todo transcorre nunha pequena carpa, ideal para o verán ó aire libre. Durante hora e media realizaránse varias sesións.

MAXIA CON OBXECTOS COTIÁNS

Preténdese que os rapaces ocupen o seu tempo libre neste obradoiro, aprendendo a facer e a construir os seus propios xogos de maxia, sempre utilizando materiais fáciles de atopar ou de refugallo. Todos os materiais utilizados serán proporcionados dentro da carpa. 

© 2019 by Mago Richard

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now